jueves, 16 de agosto de 2007

Manifesto a favor do software libre e formatos abertos ás administracións locais de Galiza

12/06/2007] A Asociación de Usuarios AGNIX acaba de publicar un manifesto co fin de lograr que os novos gobernos municipais electos nos últimos comicios locais aposten polos programas de código aberto. Neste manifesto, que se reproduce a continuación, AGNIX explica que liñas do PEGSI especifican o apoio da Xunta a estas aplicacións:

O pasado 10 de xaneiro foi aprobado polo Consello da Xunta de Galiza o Plano Estratéxico Galego para a Sociedade da Información (PEGSI), ratificado o 30 de marzo polo Parlamento galego e que define claramente unha política tecnolóxica do goberno galego baseada no uso de estándares abertos e na promoción do software libre.

O PEGSI, contempla catro obxectivos estratéxicos:
1.-Crecemento e emprego
Apostar polo crecemento e o emprego, potenciando a aplicación das Tecnolóxias da Información e Comunicación (TIC) como medio para construír unha economía galega competitiva baseada no capital intelectual e no coñecemento.

2.- Liderado
Identificar e pór en valor liderados efectivos en Galiza con respecto á Sociedade da Información para definir, desenvolver e consolidar actividades innovadoras de carácter participativo no desenvolvemento tecnolóxico.

3.- Cohesión social e territorial
Vertebrar territorial e socialmente Galiza a través da creación de condicións de acceso igualitario ás oportunidades derivadas da Sociedade da Información.

4.- Identidade cultural
Aproveitar as TIC como vehículo que garanta a presenza da identidade cultural galega na sociedade da información, conformando unha oferta de servizos e contidos nas plataformas converxentes que impulsen os niveis de uso. [+]

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio