miércoles, 7 de noviembre de 2007

Dous proxectos empresariais galegos gañan o seu sitio na SIMO



29/10/2007
Dous proxectos empresariais, vinculados á Escola Informática de Ourense terán presenza na meirande feira internacional de informática, multimedia e comunicacións. Ámbolos dous proxectos, as empresas Redegal e Imagos, foron premiadas cun espazo, denominado viveiro, na SIMO. As empresas foron escollidas entre medio cento de proxectos de novos emprendedores con propostas tecnolóxicas relevantes.

Imagos
Esta empresa está formada polos creadores e actuais líderes do Proxecto Trisquel, que traballan na construción dun sistema operativo libre de alta calidade, en galego.

Imagos tamén desenvolveu a Trisguel GNU/Linux PyME, unha distribución orientada a pequenas e medianas empresas.

Redegal
Redegal vai presentar no SIMO a súa solución Sketch Arm, que permite a redución do tempo en deseño de armarios feitos a medida. Ademais están a desenvolver unha versión para Linux desta aplicación.

A empresa tamén vai presentar unha solución que permitirá conectar redes sen fíos nas zonas rurais a través do emprego de Software Libre.

Etiquetas: , ,

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio