miércoles, 6 de febrero de 2008

Se escribes…


Se escribes unha palabra no ceo,
lembra que eu, dende a terra,
guindarei pétalos de rosa
para axudar no seu letargo…
Letargo sabido polos teus ollos,
adscritos a unha paixón aínda durmida,
nun corazón puro, pero doente…
Doente por mor da dor paternal,
que interrompe o canto melódico
dos rosiñois; e que destrúe o valo de vidro mouro,
único sobrevivente en ti…
A túa palabra é sostida por Anxos,
infectados pola cor da saudade,
que rematan soltándoa para voltar á terra,
e morrer sepulta por auga…
E a auga emite un berro esgazado,
que escoito dende lonxe;
acudindo a ti para bica-lo teu corazón,
a túa alma, a túa agonía…
misturándome co teu mouro ollar;

volvoreta dijo:
Cándido, meu ben, eu non sei que dicir perante tanta fermosura dedicada a min. Meus ollos cheáronse de bágoas e aínda seguen fluíndo. Grazas é pouca cousa pra tanta beleza que non sei se merezco pero que recibo como o mellor dos agasallos que recibin en moito tempo e para toda a eternidade. Bicos e apertas a esgalla. Quérote.
©Teresa C. B.©

Etiquetas: , ,

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio