domingo, 8 de julio de 2007

A rapa das bestas


Rapa das bestas, unha tradición centenaria
Home e cabalo. A rapa das bestas de Sabucedo enfronta, dende hai centos de anos, dúas forzas da natureza. Os cabalos salvaxes desta terra xúntanse para ser rapados polos aloitadores da aldea. Miles de visitantes son testemuñas privilexiadas deste rito anual.
A primeira fin de semana de xullo, un pequeño lugar, unha poboación que se multiplica. A rapa das bestas como principio e fin. A convivencia e a festas como transfondo.
Suor, esforzo, po e néboa. A madrugada para xuntalas bestas e comenzar a baixa. Traballo para os mozos da aldea, pero tamén para os visitantes que, por miles, acoden á cita. As tendas de campaña son o seu fogar durante tres días. A loita nobre entre o home e o cabalo, o que agardan ver.
Os días adícanse a rapa das bestas. Ás noites aínda quedan forzas para disfrutar da comida, o viño e a música. Os aloitadores/as cumpriron co seu rito iniciático, unha celebración non conaminada de intereses comerciais e que se celebra do mesmo xeito dende hai cinco séculos.

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio